XORNADA DE PORTAS ABERTAS "COÑECE A USC" 2024

A Universidade de Santiago de Compostela celebrará os días 13, 14 e 15 de xuño en Santiago e o 20, 21 e 22 de xuño en Lugo as “Xornadas de Portas Abertas: Coñece a USC”

Estas Xornadas están dirixidas ao alumnado que vai entrar na Universidade coa finalidade de que poida achegarse ás titulacións de Grao que lle poidan interesar da USC. 

Os/as interesados/as poderán inscribirse mediante o seguinte formulario https://forms.office.com/e/PnyEqwzmv0 indicando o número de asistentes (no caso de vir con algún acompañante) e seleccionando as titulacións que queren visitar. 

As titulacións están agrupadas polos centros no que se imparten. 

Cada unha poderase visitar no horario indicado no formulario.

O prazo de inscrición rematará:

o día martes, 11 de xuño ás 14 horas para o Campus de Santiago e 

o luns, 18 de xuño ás 14 horas para o Campus de Lugo.

A continuación tedes unha taboa coa oferta de titulacións que se poden visitar e os horarios propostos:

   

No hay comentarios:

Publicar un comentario