Estas instrucións teñen por obxecto establecer os prazos e concretar os aspectos do procedemento que cómpre seguir para a reclamación das cualificacións finais outorgadas no segundo curso de bacharelato e/ou para a reclamación da decisión de titulación nesta etapa educativa.
CALENDARIO FINAL DE CURSO DE SEGUNDO DE BACHARELATO:
|
CONVOCATORIA ORDINARIA |
Avaliación final a partir do 15 de maio de 2024 |
ABAU 4, 5 e 6 de xuño de 2024.
|
|
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA |
A partir do 13 de xuño de 2024 |
ABAU 2, 3 e 4 de xullo de 2024.
|
PROCEDEMENTOS:
Revisión no centro
O procedemento de revisión no centro será o establecido nos artigos 39, 40 e 41 da Orde do 26 de maio de 2023.
A alumna ou o alumno ou, de ser o caso, a súa nai, o seu pai ou as persoas titoras legais que non estean de acordo coas cualificacións ou decisións adoptadas na avaliación final ordinaria ou extraordinaria poderán solicitar cantas aclaracións consideren precisas á persoa titora ou ao profesorado, de acordo co procedemento establecido nas normas de organización,funcionamento e convivencia do centro.
No caso de que persista o desacordo, poderán solicitar por escrito á dirección do centro a revisión da devandita cualificación ou decisión, no prazo de dous días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produciu a súa comunicación.
Reclamación ante a Xefatura Territorial
O procedemento de reclamación ante a Xefatura Territorial será o establecido nos artigos 42 e 43 da Orde do 26 de maio de 2023.
Se tras o procedemento de revisión no centro persiste o desacordo coa cualificación final dunha materia e/ou coa decisión sobre a titulación, o alumnado ou, de ser o caso, a súa nai, o seu pai ou as persoas titoras legais poderán presentar por escrito á dirección do centro docente unha reclamación ante a Xefatura Territorial correspondente, no prazo de dous días hábiles contados a partir do día seguinte ao da comunicación sobre a decisión adoptada.
CALENDARIO DE REVISIÓN E RECLAMACIÓNS:
Pódese acceder aos documentos completos nos seguintes enlaces:
Instrución 10/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se establecen para o curso 2023/24 os prazos e o procedemento para as reclamacións das cualificacións finais no segundo curso de bacharelato ou da decisión de titulación nesta etapa educativa.
ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación mesa etapa educativa.
https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0655-290523-0004_gl.pdf