INSTRUCIÓNS PARA REALIZAR A MATRÍCULA ANTICIPADA NA ABAU 2024 A TRAVÉS DE NERTA

 PRAZO:

O Prazo para formalizar Matrícula Anticipada vai do 2 ao 20 de maio para a Convocatoria
Ordinaria e do 10 ao 17 de xuño para a Extraordinaria.

QUEN PODE MATRICULARSE? 

O alumnado que obtivese en convocatorias anteriores ( anteriores ao curso 2023-24 para a Convocatoria Ordinaria e anteriores ao curso 2023-24 ou na Convocatoria de xuño do curso 2023/24 para a Convocatoria Extraordinaria) o titulo de Bacharelato ou un título declarado equivalente ou o título de Técnico Superior de FP entre outros.

Tamén poderá matricularse o alumnado de FP que estea en disposición de acadar o título de Técnico Superior de FP na convocatoria de xuño do curso 2023/24 , aínda que estea pendente da finalización da Formación en centros de Traballo (FCT) e, se é o caso, o módulo de proxecto, e desexe mellorar a súa nota de acceso á universidade mediante a realización da Parte Voluntaria. Os resultados estarán condicionados á superación da FCT e/ou proxecto.

A continuación tedes un documento publicado pola CIUG coas instrucións para realizar a matrícula anticipada a través do Nerta:

PLAN DE ESTUDOS 2º CURSO DE ESO - CURSO 2024-2025

 A continuación tedes o plan de estudos do 2º curso de ESO coas materias a cursar e o número de horas semanais:

RESUMO DOS CONTIDOS DAS OPTATIVAS EN 3º ESO CURSO 2024-2025

No curso de 3º de ESO deberás elixir unha materia optativa de entre as seguintes que se ofertan:

  • Cultura clásica.
  • 2º Lingua estranxeira ( francés).
  • Educación dixital.
  • Cultura Financeira.
  • Oratoria.

Debes ter en conta que as  optativas Cultura Clásica  e Oratoria aínda que se ofertan tamén en 4º curso son só dun ano, é dicir, se a escolles en 3º non poderás cursala de novo en 4º .

A continuación tedes un breve resumo dos contidos das distintas materias:

Plan de estudos 3º ESO Curso 2024-2025

A continuación tedes o plan de estudos do 3º curso de ESO coas materias a cursar e o número de horas semanais:

Resumo dos contidos dalgunhas materias de 4º ESO Curso 2024-2025

Co fin de facilitar unha adecuada elección das materias do vindeiro curso no seguinte documento atoparedes un breve resumo dos contidos que se traballan nalgunhas delas:

Itinerarios educativos en 4º ESO IES Lamas de Abade Curso 2024-2025

 No seguinte documento tedes as materias que se deben cursar no 4º curso de ESO coa indicación das horas semanais:

Os centros educativos poden organizar e agrupar estas materias en diferentes itinerarios educativos. No IES Lamas de Abade no curso 2024-2025 poderás cursar os seguintes itinerarios:

ITINERARIOS NO 4º CURSO DA ETAPA

Nesta presentación imos fixarnos na elección de materias que debedes facer no 4º curso
en función dos vosos intereses formativos uhna vez rematada a etapa.

A FORMACIÓN PROFESIONAL

Nesta presentación coñeceremos algúns aspectos da formación profesional:

  • En qué consiste?
  • Que se estuda en un ciclo?
  • Acceso a un ciclo foramtivo de grao medio.
  • Oferta de titulacións de grao medio e  superior.
  • Titulacións e saídas.
  • O BACHARELATO

     Nesta presentación imos a deternos na etapa de bacharelato, en concreto:

    • Xeneralidades da etapa.
    • Modalidades e materias de bacharelato.
    • Plan de estudos.
    • Avaliación na etapa.
    • Titulación.

    ETAPAS DO SISTEMA EDUCATIVO

    Nesta presentación imos facer un repaso polas etapas da Esnsñanza Secundaria:
    Obrigatoria (ESO) e Postobrigatoria (Bacharelato e Formación profesional)
    Revisaremos aspectos como : 

    • Finalidade da etapa, 
    • Organización dos cursos e materias, 
    • Avaliación e titulación
    •  Saídas académicas e profesionais.

    COMISIÓNS DELEGADAS ONDE SE REALIZARÁN AS PROBAS ABAU 2024

    A continuación tedes o enlace ao documento no que se recolle a relación de Comisións Delegadas coa asignación dos Centros de Secundaria  que corresponden a cada unha e onde se van realizar as probas de ABAU neste curso 2024.

    https://ciug.gal/PDF/ABAU2024/anexo_II.pdf

    O alumnado que acuda ás probas co IES Lamas de Abade está convocado na CD 02 situada na Facultade de CC. Políticas e Sociais. Campus Vida. Santiago