Mostrando entradas con la etiqueta Universidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Universidade. Mostrar todas las entradas

ADMISIÓN E MATRÍCULA NAS TITULACIÓNS DO SUG. O NERTA

Na seguinte presentación tedes información sobre o proceso de admisión e matrícula nas universidades do SUG e sobre aplicación Nerta onde se poden consultar os datos e se cubren as instancias deste proceso.
En concreto repasaremos os seguintes procesos e procedementos:
  • Nota de admisión na universidade e orde na adxudicación de prazas.
  • Acceso ao Nerta.
  • Información sobre a ABAU no Nerta.
  • Preinscrición. Procedemento e prazos.
  • Como facer a preinscrición no Nerta.
  • Proceso de admisión. Asignación de prazas.
  • Proceso de admisión e acceso á universidade no Nerta.
  • Matrícula: Prazos e lugar de matrícula.

 

Está publicado no seguinte enlace o calendario de preinscripción e matrícula:

https://ciug.gal/PDF/ACCESO2024/datas_mais_importantes_preinscricion_matricula.pdf

Tamén se pode consultar as normas do solicitude de admisión (preinscrición ) e matrícula no seguinte enlace:

https://ciug.gal/PDF/ACCESO2024/convocatoria_preinscricion.pdf 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN (PREINSCRICIÓN) E MATRÍCULA NO SUG CURSO 2024-2025

 A continuación tedes un documento resumo coas instruccións e calendario de:

  • Solicitude de titulacións ( preinscrición) nas universidades do SUG.
  • Procedemento e calendario de matrícula. 

Nos seguintes enlaces á páxina da CIUG podes consultar a información completa sobre:

  • Normativa, procedemento e calendario de preinscripción e matrícula:

https://ciug.gal/PDF/ACCESO2024/convocatoria_preinscricion.pdf

  •  Prazos dos chamamentos de matrícula:
https://ciug.gal/PDF/ACCESO2024/datas_mais_importantes_preinscricion_matricula.pdf
 
  • Oferta de prazas para o curso 2024-2025 nas universidades do SUG:
https://ciug.gal/PDF/ACCESO2024/anexo_II.pdf



Sistema Universitario de Galica (SUG). Oferta de prazas curso 2024-2025

Listado das titulacións que se impartirán o vindeiro ano académico 2024-2025 no Sistema Universitario de Galicia (SUG) distribuídas por universidade e campus e co número de prazas ofertadas para cada titulo.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS "COÑECE A USC" 2024

A Universidade de Santiago de Compostela celebrará os días 13, 14 e 15 de xuño en Santiago e o 20, 21 e 22 de xuño en Lugo as “Xornadas de Portas Abertas: Coñece a USC”

Estas Xornadas están dirixidas ao alumnado que vai entrar na Universidade coa finalidade de que poida achegarse ás titulacións de Grao que lle poidan interesar da USC. 

Os/as interesados/as poderán inscribirse mediante o seguinte formulario https://forms.office.com/e/PnyEqwzmv0 indicando o número de asistentes (no caso de vir con algún acompañante) e seleccionando as titulacións que queren visitar. 

As titulacións están agrupadas polos centros no que se imparten. 

Cada unha poderase visitar no horario indicado no formulario.

O prazo de inscrición rematará:

o día martes, 11 de xuño ás 14 horas para o Campus de Santiago e 

o luns, 18 de xuño ás 14 horas para o Campus de Lugo.

A continuación tedes unha taboa coa oferta de titulacións que se poden visitar e os horarios propostos:

   

Guía de estudos superiores en Galicia da Voz de Galicia

A Voz de Galicia publica anualmente unha guía de estudos superiores na que se informa da oferta de estudos superiores universitarios, de formación profesional e outras opcións de formación organizados por ramas de coñecemento: artes, humanidades, ciencias sociais e ciencias.
 
Tamén conta cun buscador no que poderás obter información de cada titulación (descripción dos estudos, centros onde se imparten, condicións de acceso, notas de corte, saídas profesionais...)
 
 Podes acceder ao buscador desde o seguinte enlace:

 Mónica Diz Orienta: Guía de estudios superiores 2020 en La Voz de ...
 

Uniscopio. Guía-Buscador de estudios universitarios


 É unha plataforma educativa gratuita de orientación sobre estudos universitarios a nivel nacional.
 Nela poderás obter información sobre:
  • Mapa de titulacións : onde estudar.
  • Información sobre os distintos graos: descrición do título, plan de estudos, saídas profesionais.
  • Becas e axudas ao estudo.
  • Acceso e admisión nas distintas universidades.
Podes acceder  a través do siguinte enlace
https://uniscopio.com/

VIDEO SOBRE PREINSCRIPCIÓN E MATRÍCULA NA USC

 UVigoTV - ¿Cómo facer a preisncripción en el nerta?

A continuación tedes un video elaborado pola Universidade de Santiago de Compostela sobre o procedemento de preinscripción e matrícula nos estudos universitarios na aplicación NERTA. 

Aínda que está enmarcado na USC o procedemento de solicitude é unico nas universidades do SUG polo que pode servir de guía para os trámites en calquera das universidades galegas.

Podes velo premendo no seguinte enlace:

https://www.youtube.com/watch?v=n1NKM1CkHlE&t=4s