Benvid@s de novo!

Este blogue naceu no curso 2019-2020, no inicio da cuarentena, co obxecto de facer chegar ao alumnado e as súas familias información educativa do seu interés.

Considerando este un bo recurso para difundir información relevante para a comunidade educativa, continuamos estes anos coa actualización constante de novas e contidos coa finalidade de que poida ser utilizado como canle de transmisión entre o departamento de orientación e o alumnado e as súas familias. e como fonte de consulta para estes.

Como consultar este blogue: 

  • Nas distintas pestanas de cada curso ou etapa terás información de interés para ese nivel educativo.
  • Nas pestanas ABAU e Universidade podes atopar información relativa a: acceso, admisión e estudos universitarios.
  • A pestana "Recursos de orientación" ofrece ligazóns a cuestionarios para a autoorientación, vídeos de orientación profesional e outros recursos de interese.
  • A pestana “Varios” recopila información de interese xeral para alumnado e familias (novas educativas de interés, información sobre: becas, convocatorias de cursos, talleres, au actividades de interés,…)

Desde o Departamento de Orientación convidámosvos a consultar a información que se irá publicando neste blogue e facer chegar ao departamento as suxestións que consideredes de interés para vós e polo tanto para nós.