Encontros virtuais na Zona USC 2024

 Inicio

 

Os días 21, 22, 25 e 26 de marzo de 2024 levaranse a cabo os encontros virtuais da USC.

A través destas xornadas poderás coñecer toda a oferta da USC tanto no referente ás titulacións que nela se imparten coma outros aspectos da vida universitaria: instalacións deportivas, residencias e colexios maiores, cafeterías e comedores, programación cultural, programas de voluntariado...

No seguinte enlace podes acceder a páxina dos encontros:

https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais 

Nesta páxina aparecen todos os graos que se oferta en picando en cada grao poderás ver o horario e a ligazón para conectarse por videoconferencia á videoconferencia co profesorado do centro coa posibilidade de facer as consultas o preguntar as dúbidas que teñas. Tamén tedes información sobre o grao e videos de presentación das titulacións.

CONVOCATORIA DE BECAS PARA ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS PARA O CURSO 2024-2025

 Escudo de los Ministerios

 

 

 

 

Publicada a Resolución pola que se convocan becas de carácter xeral para o curso académico 2024-2025 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios: 

  • Ensinanzas postobrigatorias e superiores non universitarias do sistema educativo, entre outras:
-Primer e segundo curso de bacharelato.
-Formación Profesional de grao medio e de grao superior.
-Ensinanzas artísticas profesionais.
-Ensinanzas deportivas.
-Ensinanzas artísticas superiores.
-Ciclos Formativos de Grao Básico. 
  • Ensinanzas universitarias 

Solicitudes:

A solicitude deberase cumprimentar mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica na dirección https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=2076

Prazo de presentación:

O prazo para presentar a solicitude de beca tanto para estudos universitarios coma non universitarios extenderase dende o día 19 de marzo de 2024 ata o 10 de maio de 2024 ás 15:00h.

Podes acceder á información completa e a convocatoria no seguinte enlace: 

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050130/ficha/050130-2024.html

Na seguinte páxina tes un resumo da información sobre os tipos de beca, como solicitala, requisitos e obligacións e pasos para facer a solicitude:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/fp-bachillerato-otros/tipos-de-becas.html

A continuación tedes un enlace á páxina do Ministerio na que podedes visualizar un video con instrucións para rexistrarse na sede electrónica:

https://www.becaseducacion.gob.es/dudas/videos.html 

 

PROBAS DE APTITUDE FÍSICA GRAO EN CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E O DEPORTE - UVIGO - CURSO 2024-2025

Quen desexe acceder ao Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte ademáis de solicitar a admisión (preinscrición) terá que realizar as probas específicas de aptitude.

O calendario para o desenvolvemento das probas será o seguinte:

 

As solicitudes presentaranse exclusivamente por medios electrónicos na sede electrónica da UVigo (https://sede.uvigo.gal/) a través do procedemento “SGRA –Probas de aptitude física”

No seguinte enlace podes atopar información sobre:

  • Regulamento das probas física.
  • Guía informativa do desenvolvemento das probas.
  • Video explicativo das probas.
  • Convocatoria das probas.

 https://fcced.uvigo.es/gl/estudos/grao-en-ciencias-da-actividade-fisica-e-do-deporte/acceso-e-admision/probas-de-aptitude-fisica/

Ata o de agora, a Universidade de Vigo recoñecía o resultado da proba da Universidade da Coruña, pero non se daba reciprocidade. Para a admisión do próximo curso, os resultados das probas físicas levadas a cabo por ambas universidades na ABAU 2024 serán recoñecidos en todo o Sistema Universitario Galego (SUG).