Mostrando entradas con la etiqueta ABAU. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ABAU. Mostrar todas las entradas

ADMISIÓN E MATRÍCULA NAS TITULACIÓNS DO SUG. O NERTA

Na seguinte presentación tedes información sobre o proceso de admisión e matrícula nas universidades do SUG e sobre aplicación Nerta onde se poden consultar os datos e se cubren as instancias deste proceso.
En concreto repasaremos os seguintes procesos e procedementos:
  • Nota de admisión na universidade e orde na adxudicación de prazas.
  • Acceso ao Nerta.
  • Información sobre a ABAU no Nerta.
  • Preinscrición. Procedemento e prazos.
  • Como facer a preinscrición no Nerta.
  • Proceso de admisión. Asignación de prazas.
  • Proceso de admisión e acceso á universidade no Nerta.
  • Matrícula: Prazos e lugar de matrícula.

 

Está publicado no seguinte enlace o calendario de preinscripción e matrícula:

https://ciug.gal/PDF/ACCESO2024/datas_mais_importantes_preinscricion_matricula.pdf

Tamén se pode consultar as normas do solicitude de admisión (preinscrición ) e matrícula no seguinte enlace:

https://ciug.gal/PDF/ACCESO2024/convocatoria_preinscricion.pdf 

CONVOCATORIA ABAU EXTRAORDINARIA 2024 - MATRÍCULA ANTICIPADA

MATRÍCULA ANTICIPADA. PRAZO E PROCEDEMENTO

PRAZO:

 

O Prazo para formalizar Matrícula Anticipada vai do 10 ao 17 de xuño para a Convocatoria Extraordinaria.

Poderase matricular no prazo sinalado para a Matrícula Anticipada o alumnado que obtivese en convocatorias anteriores (anteriores ao curso 2023-24 ou na Convocatoria de xuño do curso 2023/24 para a Convocatoria Extraordinaria) o titulo de Bacharelato ou un título declarado equivalente ou o título de Técnico Superior de FP e se atope nalgunha das seguintes situacións:

Alumnado que teña aprobado o bacharelato ou un título equivalente en convocatorias anteriores e que non superase a proba ABAU deberá matricularse obrigatoriamente da parte obrigatoria (das 5 materias) da ABAU e, se o desexa, da Parte Voluntaria.

 

Alumnado que teña aprobado o bacharelato ou un título equivalente en convocatorias anteriores e que xa superase a proba ABAU poderá matricularse da parte obrigatoria (das 5 materias) da ABAU e/ou da Parte Voluntaria.

 

Alumnado de FP de anos anteriores que estea en posesión do título de Técnico Superior de FP poderá matricularse unicamente da Parte Voluntaria.

 

Alumnado de Formación Profesional pertencente a centros de Galicia que estea en disposición de acadar o título de Técnico Superior de FP, na convocatoria de xuño do curso 2023/24, aínda que estea pendente da finalización da Formación en centros de Traballo (FCT) e, se é o caso, o módulo de proxecto, e desexe mellorar a súa nota de acceso á universidade mediante a realización da Parte Voluntaria. Os resultados estarán condicionados á superación da FCT e/ou proxecto.

 


PROCEDEMENTO E DOCUMENTACIÓN.

 

A matrícula anticipada realizarase a través da aplicación informática Nerta (https://www.edu.xunta.es/nerta) e, de non ser posible, enviarase a documentación por correo electrónico ao correspondente Lugar de Entrega e Recollida de Documentación (LERD) que procederá á súa matrícula.

 

Só excepcionalmente poderá facerse in situ, previa cita, nos LERD habilitados en cada un dos sete campus de Galicia.

 

O alumnado dos Centros de Galicia que ten os seus datos académicos informatizados na aplicación Nerta e con conta de usuario fará a súa matrícula a través desta aplicación (https://www.edu.xunta.es/nerta/).

 

Coa realización da matrícula en Nerta, xerarase o impreso de liquidación para o ingreso dos prezos públicos. O alumnado pode acceder á súa conta e realizar o pagamento das taxas de forma telemática, utilizando unha tarxeta de crédito. Este pagamento xa se reflicte de forma automática en Nerta, sen necesidade de enviar xustificante.

 

Se decide realizar o pagamento nunha oficina bancaria, debe imprimir o impreso de liquidación para presentar na entidade bancaria. Unha vez aboados os prezos deberá enviar copia do xustificante de ingreso ao LERD correspondente para que reflictan a realización do pagamento en Nerta, dentro do prazo de matrícula. Recoméndase o ingreso a través da pasarela de pagamento dado que destes xeito queda reflectido de forma automática en Nerta.

O alumnado con dereito a exencións tamén debe enviar copia da xustificación por correo electrónico ao LERD correspondente, dentro do prazo de matrícula.

 

O Alumnado que non teña conta de usuario en Nerta deberá enviar por correo electrónico ao LERD correspondente a seguinte documentación cos seus datos persoais e académicos para dar de alta a súa matrícula.

Documentos comúns para este alumnado que non teña conta:

1.     Fotocopia do DNI ou Pasaporte.

2.     Impreso oficial de matrícula na ABAU debidamente cumprimentado (datos persoais, académicos e de matrícula para a ABAU) que poderá baixar da páxina web da CIUG.

3.     Resgardo acreditativo de ter aboados os prezos públicos de matrícula ou, no seu caso, documentación que acredite a exención destes, segundo o estipulado nesta convocatoria de matrícula.

Alumnado de Formación Profesional pertencente a centros de Galicia que estea en disposición de acadar o título de Técnico Superior na convocatoria de xuño do curso 2022/23, aínda que estean pendentes das prácticas (FCT).

 

O centro de Formación Profesional ten que traspasar o expediente de XADE a Nerta co fin de que no expediente académico xa conste a superación de todos os módulos que compoñen o ciclo formativo de que se trate, a excepción dos módulos de FCT e de proxecto se é o caso. O expediente figurará como traspasado pendente de Formación en Centros de Traballo (FCT).

 

Podes acceder á información completa da convocatoria no seguinte enlace:

https://ciug.gal/PDF/ABAU2024/convocatoria_abau.pdf 

ABAU CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA 2024

A continuación tedes un resumo do documento publicado pola CIUG sobre a convocatoria ordinaria e extraordinaria da ABAU con información sobre:

  • Tipos de matrícula, prazos e procedemento.
  • Datas, horario e lugar de realización da proba.
  • Normas de presentación ás probas.
 
 
 
As probas terán lugar os días 2, 3 e 4 de xullo e o alumnado do IES Lamas de Abade realizará a proba na Comisión Delegada 01. Facultade de Química. Campus Vida. Santiago.
 

Podes consultar na páxina da CIUG ou nos seguintes enlaces:

O documento completo: https://ciug.gal/PDF/ABAU2024/convocatoria_abau.pdf

Horario das probas:  https://ciug.gal/PDF/ABAU2024/horario_2024.pdf

Comisións delegadas onde se realizarán as probas coa asignación dos centros de secundaria que corresponden a cada unha :  https://ciug.gal/PDF/ABAU2024/anexo_II_extraordinaria.pdf

A continuación tedes un calendario resumo coas datas a ter en conta o alumnado de bacharelato nesta convocatoria extraordinaria: