MATRÍCULA ANTICIPADA. PRAZO E PROCEDEMENTO
PRAZO:
O Prazo para formalizar Matrícula Anticipada vai do 10 ao 17 de xuño para a Convocatoria Extraordinaria.
Poderase matricular no prazo sinalado para a Matrícula
Anticipada o alumnado que obtivese en convocatorias anteriores (anteriores ao curso 2023-24 ou na
Convocatoria de xuño do curso 2023/24 para a Convocatoria Extraordinaria) o
titulo de Bacharelato ou un título declarado equivalente ou o título de Técnico
Superior de FP e se atope nalgunha das seguintes situacións:
→ Alumnado que teña aprobado o bacharelato ou un título equivalente en convocatorias anteriores e que non superase a proba ABAU deberá matricularse obrigatoriamente da parte obrigatoria (das 5 materias) da ABAU e, se o desexa, da Parte Voluntaria.
→ Alumnado que teña aprobado o bacharelato ou un título equivalente en convocatorias anteriores e que xa superase a proba ABAU poderá matricularse da parte obrigatoria (das 5 materias) da ABAU e/ou da Parte Voluntaria.
→ Alumnado de FP de anos anteriores que estea en posesión do título de Técnico Superior de FP poderá matricularse unicamente da Parte Voluntaria.
→ Alumnado de Formación Profesional pertencente a centros de Galicia que estea en disposición de acadar o título de Técnico Superior de FP, na convocatoria de xuño do curso 2023/24, aínda que estea pendente da finalización da Formación en centros de Traballo (FCT) e, se é o caso, o módulo de proxecto, e desexe mellorar a súa nota de acceso á universidade mediante a realización da Parte Voluntaria. Os resultados estarán condicionados á superación da FCT e/ou proxecto.
PROCEDEMENTO E DOCUMENTACIÓN.
A matrícula anticipada realizarase a través da aplicación informática Nerta (https://www.edu.xunta.es/nerta) e, de non ser posible, enviarase a documentación por correo electrónico ao correspondente Lugar de Entrega e Recollida de Documentación (LERD) que procederá á súa matrícula.
Só excepcionalmente poderá facerse in situ, previa cita, nos LERD habilitados en cada un dos sete campus de Galicia.
O alumnado dos Centros de Galicia que ten os seus datos académicos informatizados na aplicación Nerta e con conta de usuario fará a súa matrícula a través desta aplicación (https://www.edu.xunta.es/nerta/).
Coa realización da matrícula en Nerta, xerarase o impreso de liquidación para o ingreso dos prezos públicos. O alumnado pode acceder á súa conta e realizar o pagamento das taxas de forma telemática, utilizando unha tarxeta de crédito. Este pagamento xa se reflicte de forma automática en Nerta, sen necesidade de enviar xustificante.
Se decide realizar o pagamento nunha oficina
bancaria, debe imprimir o impreso de liquidación para presentar na entidade
bancaria. Unha vez aboados os prezos deberá enviar copia do xustificante de
ingreso ao LERD correspondente para que reflictan a realización do pagamento en
Nerta, dentro do prazo de matrícula. Recoméndase o ingreso a través da pasarela
de pagamento dado que destes xeito queda reflectido de forma automática en
Nerta.
O alumnado con dereito a exencións tamén debe enviar copia da xustificación por correo electrónico ao LERD correspondente, dentro do prazo de matrícula.
O Alumnado que non teña conta de usuario en Nerta deberá enviar por correo electrónico ao LERD correspondente a seguinte documentación cos seus datos persoais e académicos para dar de alta a súa matrícula.
Documentos comúns para este alumnado que non teña conta:
1. Fotocopia do DNI ou Pasaporte.
2. Impreso oficial de matrícula na ABAU debidamente cumprimentado (datos persoais, académicos e de matrícula para a ABAU) que poderá baixar da páxina web da CIUG.
3. Resgardo
acreditativo de ter aboados os prezos públicos de matrícula ou, no seu caso, documentación
que acredite a exención destes, segundo o estipulado nesta convocatoria de matrícula.
Alumnado de Formación Profesional pertencente a centros de Galicia que estea en disposición de acadar o título de Técnico Superior na convocatoria de xuño do curso 2022/23, aínda que estean pendentes das prácticas (FCT).
O centro de Formación Profesional ten que traspasar o expediente de XADE a Nerta co fin de que no expediente académico xa conste a superación de todos os módulos que compoñen o ciclo formativo de que se trate, a excepción dos módulos de FCT e de proxecto se é o caso. O expediente figurará como traspasado pendente de Formación en Centros de Traballo (FCT).
Podes acceder á información completa da convocatoria no seguinte enlace:
No hay comentarios:
Publicar un comentario