PROBAS DE APTITUDE FÍSICA GRAO EN CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E O DEPORTE - UVIGO - CURSO 2024-2025

Quen desexe acceder ao Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte ademáis de solicitar a admisión (preinscrición) terá que realizar as probas específicas de aptitude.

O calendario para o desenvolvemento das probas será o seguinte:

 

As solicitudes presentaranse exclusivamente por medios electrónicos na sede electrónica da UVigo (https://sede.uvigo.gal/) a través do procedemento “SGRA –Probas de aptitude física”

No seguinte enlace podes atopar información sobre:

  • Regulamento das probas física.
  • Guía informativa do desenvolvemento das probas.
  • Video explicativo das probas.
  • Convocatoria das probas.

 https://fcced.uvigo.es/gl/estudos/grao-en-ciencias-da-actividade-fisica-e-do-deporte/acceso-e-admision/probas-de-aptitude-fisica/

Ata o de agora, a Universidade de Vigo recoñecía o resultado da proba da Universidade da Coruña, pero non se daba reciprocidade. Para a admisión do próximo curso, os resultados das probas físicas levadas a cabo por ambas universidades na ABAU 2024 serán recoñecidos en todo o Sistema Universitario Galego (SUG).

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario