A finalidade destes premios é recoñecer e valorar os méritos do alumnado que cursou cun excelente resultado académico o bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
Poderase presentar o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
- Ter rematado os estudos de bacharelato no curso 2023/2024 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia e ser proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso.
- Ter obtido unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75 .
Forma e prazo de presentación de solicitudes:
As solicitudes presentaranse preferiblemente por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na aplicación informática «PremiosEdu».
O prazo de
presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 29 de abril de 2024 e rematará o día 28 de maio
de 2024.
Data da proba:
Para optar ó premio extraordinario o alumnado deberá realizar unha proba presencial terá lugar o día 19 de xuño de 2024 e realizaranse nos lugares e horarios que serán publicados próximamente.
Estrutura da proba:
Estrutúrase en dúas partes:
- 1ª parte, que se desenvolverá en tres horas:
1.1.- Análise e comentario crítico dun texto sobre un tema de carácter xeral, histórico, filosófico ou literario.
Para a resolución deste exercicio será preciso usar as dúas linguas cooficiais ( agás o alumnado que teña recoñecida a exención na materia de Lingua galega).
1.2.-Resposta a cuestións de carácter cultural ou lingüístico sobre un texto na Primeira Lingua Estranxeira II cursada polo alumnado como materia común do bacharelato. O exercicio realizarase sen dicionario no idioma correspondente.
- 2ª parte, que se desenvolverá nunha hora:
-Desenvolvemento de temas, respostas
a cuestións e/ou exercicios prácticos dunha materia de modalidade cursada polo alumnado, a elixir entre as seguintes: Matemáticas II,
Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II, Latín II, Debuxo Artístico II, Análise Musical II e Artes Escénicas II.
Cualificación:
Os
exercicios da proba cualificaranse entre 0 e 10 puntos cun decimal, agás o exercicio de análise e comentario que se puntuará con 20 puntos.
A puntuación de cada parte da proba obterase mediante a suma das puntuacións das materias que a compoñen.
A puntuación total será a suma das
puntuacións obtidas en cada parte da proba. Para aspirar ao premio extraordinario, o
alumnado deberá obter como mínimo 10 puntos no exercicio de análise e comentario e 5 puntos en cada un dos demais exercicios da proba e 25 puntos ou máis na puntuación total.
- Podes consultar a convocatoria completa no seguinte enlace:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240426/AnuncioG0761-190424-0004_gl.pdf
- Para consultar exames de convocatorias anteriores preme no seguinte enlace:
- Para facer a solicitude para participar nas probas preme no seguinte enlace:
https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/
A continuación tedes unha folla resumo coa información importante sobre este procedemento:
O alumnado procedente do IES Lamas de Abade realizará a proba no CIFP Politécnico de Santiago. Rúa Rosalía de Castro, n.º 133, Santiago de Compostela.
A distribución do alumnado aspirante para os lugares de celebración da proba segundo o centro de procedencia pódese consultar no seguinte enlace:
https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/premiosbac_2324_resolucion_lugares_con_anexo_g.pdf
No hay comentarios:
Publicar un comentario