CONVOCATORIA DE BECAS INMERSIÓN LINGÜÍSTICA 2024

 Convócanse en réxime de concorrencia competitiva un máximo de 2.400 becas para a participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España en réxime de internado e pensión completa, dunha semana de duración, no mes de xullo de 2024.

Requisitos:

a) Ter nacido entre o 1 de xaneiro de 2004 e o 31 de decembro de 2007.

b) Estar matriculado no curso 2023-2024 en calquiera curso dos seguintes estudos (entre outros):
- Bacharelato.
- Grao medio de Formación Profesional

c) Ter obtido no curso 2023-2024 a condición de bolseiro do Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deporte.

d) Ter aprobadas todas as materias do curso 2022-2023, a data de remate do curso, cunha nota final mínima de 9 puntos na materia de inglés. 

e) Estar situado nun lugar da orde de prelación de solicitudes que lle permita a obtención dunha das bolsas convocadas.

Solicitudes:

Deberase cumprimentar a solicitude mediante o formulario correspondente na dirección www.educacionyfp.gob.es a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes noa apartado correspondente a "Buscar Trámites".

Prazo de presentación:

Rematará o día 21 de marzo de 2024 ás 15:00 h.

Podes ver a información completa no seguinte enlace:

https://servicios.educarm.es/templates/portal/ficheros/websDinamicas/45/Convocatoria%202024%20BOE%2009-02-24.pdf 

No hay comentarios:

Publicar un comentario