Convocanse axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en linguas estranxeiras do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2024.
Actividades de formación convocadas:
Actividades de formación para a mellora na competencia no uso de linguas estranxeiras.
O período de realización destas actividades comprenderá desde a primeira semana do mes de xullo ata finais do mes de agosto de 2024, coa excepción das actividades para o 2º curso de bacharelato, que se desenvolverán no mes de agosto.
As datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado.
As familias achegarán as cantidades que lles correspondan á empresa adxudicataria encargada da organización técnica da actividade, de acordo coas contías establecidas.
O custo total de cada actividade inclúe:
a) No caso das actividades que se realizarán, os gastos da viaxe desde o punto de saída dos distintos grupos.
b) Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
c) Os gastos de docencia e o material escolar.
d) As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
e) Os gastos de mantenza e aloxamento.
f) O certificado de realización da actividade.
g) O seguro de accidentes e de responsabilidade civil
Requisitos:
- Estar cursando, no réxime xeral, 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2023/24, na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2022/23.
- Ter acadado no curso 2022/23, na materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar, unha cualificación mínima de 6 no 4º curso de ESO para as prazas convocadas para o 1º curso de bacharelato e de 6 no 1º curso de bacharelato para as prazas convocadas para o 2º curso de bacharelato.
- Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
- Estar en posesión do documento nacional de identidade (en diante, DNI), número de
identidade de estranxeiro (en diante, NIE) ou pasaporte.
Período de realización:
O período de realización destas actividades comprenderá desde a primeira semana do mes de xullo ata finais do mes de agosto de 2024, coa excepción das actividades para o 2º curso de bacharelato, que se desenvolverán no mes de agosto.
As datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado.
Cuantía da axuda:
Será
a resultante de aplicar a diferenza entre o custo total da estadía para a que
resultase seleccionado ou seleccionada e a achega que lle corresponda segundo
os custos correspondentes aos grupos de achega familiar (A, B, C e D).
Presentación de solicitudes:
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
O procedemento de solicitude iniciarase a través da aplicación en liña dispoñible desde a páxina web https://www.edu.xunta.gal/axudasle/, cubrindo o formulario electrónico que corresponda. Unha vez cuberto este formulario, gravarán os datos na aplicación en liña, o que permitirá elixir entre a presentación a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente a través dun lugar ou rexistro dos establecidos.
Prazo de presentación:
Prazo de solicitudes aberto dende o 13 de FEBREIRO ata o 12 de MARZO (incluído)
Podes acceder
á orde pola que se convocan as axudas e a información complementaria no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/axudasle/
ORDE do 29 de xaneiro de 2024 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B)
No hay comentarios:
Publicar un comentario