RESUMO CONVOCATORIA ORDINARIA E EXTRAORDINARIA ABAU 2024 (MATRÍCULA ANTICIPADA ALUMNADO CICLOS FORMATIVOS)

A continuación tedes un resumo da Convocatoria Ordinaria e Extarordinaria da ABAU 2024 na que se recolle o prazo de matrícula anticipada dirixido a:

Alumnado que teña aprobado o bacharelato ou un título equivalente en convocatorias anteriores e que non superase a proba ABAU deberá matricularse obrigatoriamente da parte obrigatoria (das 5 materias) da ABAU e, se o desexa, da Parte Voluntaria.

 

Alumnado que teña aprobado o bacharelato ou un título equivalente en convocatorias anteriores e que xa superase a proba ABAU poderá matricularse da parte obrigatoria (das 5 materias) da ABAU e/ou da Parte Voluntaria.

 

Alumnado de FP de anos anteriores que estea en posesión do título de Técnico Superior de FP poderá matricularse unicamente da Parte Voluntaria.

 

Alumnado de Formación Profesional pertencente a centros de Galicia que estea en disposición de acadar o título de Técnico Superior de FP, na convocatoria de xuño do curso 2023/24, aínda que estea pendente da finalización da Formación en centros de Traballo (FCT) e, se é o caso, o módulo de proxecto, e desexe mellorar a súa nota de acceso á universidade mediante a realización da Parte Voluntaria. Os resultados estarán condicionados á superación da FCT e/ou proxecto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario