Para a admisión no Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte é requisito previo a superación dunha proba física, que recibe cualificación de Apto/Non apto.
Ata o de agora, a Universidade de Vigo recoñecía o resultado da proba da Universidade da Coruña, pero non se daba reciprocidade. Para a admisión do próximo curso, os resultados das probas físicas levadas a cabo por ambas universidades na ABAU 2024 serán recoñecidos en todo o Sistema Universitario Galego (SUG).
Polo momento están convocadas as probas específicas de acceso na UDC.
Haberá dous prazos de matrícula e dúas oportunidades para presentarse á proba. No caso de matricularse e presentarse na primeira oportunidade e non superala dará dereito á presentación na segunda.
Podes acceder á convocatoria das probas, regulamento e formulario online de inscrición online no seguinte enlace:
https://probasinefgalicia.udc.es/inscricion/paxina-inicio.htm
No hay comentarios:
Publicar un comentario