AXUDAS PARA ALUMNOS CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO ACADÉMICO 2024-2025

Publicada a Resolución pola que se convocan axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2024-2025 do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

Poderán ser beneficiarios de estas axudas:

-Os alumnos que presentan necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade, trastorno grave de conduta, ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais.

-Tamén poderá ser beneficiario de axudas directas o alumnado con TEA (Trastorno do espectro autista)  que requira estes apoios e atencións educativas específicas. 

-Os alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais. 

Que vaian cursar no vindeiro ano algún dos seguintes niveis educativos: Educación Infantil, Educación Primaria, Secundaria obrigatoria, Bacharelato, Ciclos formativos de grao básico, medio ou superior entre outros.

e acrediten a necesidade específica de apoio educativo.

Prazo de presentación:

O prazo de presentación de solicitudes estenderase desde o 30 de abril al 13 de septiembre de 2024.

As solicitudes tanto de axudas como de subsidios deberán cumprimentarse mediante o formulario accesible por internet na dirección www.educacionyfp.gob.es ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional na dirección https://sede.educacion.gob.es.

Incompatibilidade:

As axudas convocadas por esta Resolución serán incompatibles coas bolsas de carácter xeral convocadas polo Ministerio de Educación e Formación Profesional ou con calquera outras que se concedan para a mesma finalidade. 

Pódese acceder á información completa sobre a convocatoria no seguinte enlace.

https://www.educacionfpydeportes.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2024.html


No hay comentarios:

Publicar un comentario