Publicada a Resolución pola que se ditan instrucións para a realización da proba para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023-2024.
A proba terá lugar o día 19 de xuño de 2024 de acordo co seguinte horario:
– Ás 9.15 horas, presentación das persoas candidatas.
– Das 10.00 ás 12.00 horas, primeira parte da proba.
– Das 12.30 ás 14.30 horas, segunda parte da proba.
Lugares en que se realizará a proba.
Os lugares en que se realizará a proba publicaranse na páxina de inicio da aplicación informática «PremiosEdu» (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu).
As persoas candidatas deberán realizar a proba, con carácter xeral, na provincia a que pertenza o centro educativo en que se encontre o seu expediente académico.Presentación das persoas candidatas
Para a realización da proba, as persoas candidatas deberán presentarse no lugar asignado ás 9.15 horas e acreditarán a súa identidade co DNI, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito.
Pódese consultar esta información nos seguintes enlaces:
Resolución coas instrucións para a proba:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240520/AnuncioG0761-080524-0006_gl.html
Información completa sobre a proba:
No hay comentarios:
Publicar un comentario