No seguinte caderno atoparás unha recopilación de información que
pode ser de axuda na toma de decisión do teu futuro académico:
- Información sobre a etapa do bacharelato ( avaliación, materias do 2º curso...)
- Proba de avaliación para o acceso á universidade.
- A formación profesional de grao superior ( en que consiste a FP, oferta de ciclos formativos, proceso de admisión...)
- Estudos universitarios ( oferta de estudos no SUG, notas de corte, procedemento de solicitude, admisión e matrícula...)
Este caderno está elaborado polo departamento de orientación coa información dispoñible a mediados de xaneiro de 2024 e co obxectivo de aportar unha información xeral sobre as posibilidades académicas e formativas aou remate da etapa de bacharelato.
Algunhas das datas ou informacións recollidas son provisionais e iranse actualizando a medida que estean dispoñibles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario