PRAZO:
O Prazo para formalizar Matrícula Anticipada vai do 2 ao 20 de maio para a Convocatoria
Ordinaria e do 10 ao 17 de xuño para a Extraordinaria.
QUEN PODE MATRICULARSE?
O alumnado que obtivese en convocatorias anteriores ( anteriores ao curso 2023-24 para a Convocatoria Ordinaria e anteriores ao curso 2023-24 ou na Convocatoria de xuño do curso 2023/24 para a Convocatoria Extraordinaria) o titulo de Bacharelato ou un título declarado equivalente ou o título de Técnico Superior de FP entre outros.
Tamén poderá matricularse o alumnado de FP que estea en disposición de acadar o título de Técnico Superior de FP na convocatoria de xuño do curso 2023/24 , aínda que estea pendente da finalización da Formación en centros de Traballo (FCT) e, se é o caso, o módulo de proxecto, e desexe mellorar a súa nota de acceso á universidade mediante a realización da Parte Voluntaria. Os resultados estarán condicionados á superación da FCT e/ou proxecto.
A continuación tedes un documento publicado pola CIUG coas instrucións para realizar a matrícula anticipada a través do Nerta: